Xornal Escolar

O gran casino de Amencer

Os participantes do grupo ADS da asociación xuvenil Amencer non deixan de divertirse nas actividades programadas durante o curso. Nesta ocasión, as instalacións do colectivo convertéronse un gran casino cheo de festa e ilusión. Vestidos para unha ocasión especial, gozaron todos xuntos con diferentes xogos dentro deste casino tan especial. 

Ruleta, diana, jungle speed, terremoto, cubilete ou a carta máis alta foron algunhas das propostas, que remataron coa estrela dos casinos: un gran bingo! Todo o equipo do Casino quere agradecer a asistencia dos mozos e mozas, agardando que pasaran un bo día.

O grupo ADS de Amencer está orientado a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 12 e os 14 anos. A vida deste colectivo xira arredor dun modelo, Domingo Savio, e do seu lema: “sempre ledos”. Sobre esta premisa, durante todo o curso o obxectivo da asociación xuvenil é o de crear grupos de amigos e amigas fomentando as relacións humanas a través de activides lúdicas e educativas que fomentan o espírito de equipo.

Deste xeito, cada semana desenvolven diferentes propostas, como poden ser aventuras e actividades de cociña, seguridade viaria, dinámicas de grupo, escape rooms, o xogo da democracia “Parlamento ADS”,  “Urbano Acampada” ou, como aconteceu nas últimas semanas, un gran casino.

xornalescolar_2311_amencer_16
1 / 15

Saga, Carla, Sofía, Claudia e Martina.

xornalescolar_2311_amencer_01
2 / 15

Adriana, Carla e Ángel.

xornalescolar_2311_amencer_02
3 / 15

Adrián, Ángel e Xian na carreira de cabalos.

xornalescolar_2311_amencer_04
4 / 15

Alba e Xian.

xornalescolar_2311_amencer_06
5 / 15

Álvaro, Xian e Ángel xogando á ruleta con Manuel.

xornalescolar_2311_amencer_05
6 / 15

Álvaro, gañador do bingo, con Manuel.

xornalescolar_2311_amencer_07
7 / 15

Gran casino de Amencer.

xornalescolar_2311_amencer_08
8 / 15

Listos para entrar ó casino.

xornalescolar_2311_amencer_10
9 / 15

Hugo, Xian e Ángel xogando aos dados.

xornalescolar_2311_amencer_12
10 / 15

Manuel con Sofía, gañadora do segundo bingo.

xornalescolar_2311_amencer_09
11 / 15

Hugo, Lucía e Marta xogando ós dados.

xornalescolar_2311_amencer_11
12 / 15

Juan Arturo, Carla, Carla, Martina, Claudia e Lucía xogando ao sete e medio.

xornalescolar_2311_amencer_13
13 / 15

Martina e Tamara.

xornalescolar_2311_amencer_14
14 / 15

Martina, Saga, Carla, Clauida e Juan Luis no póker.

xornalescolar_2311_amencer_15
15 / 15

Milene, Saga e Adriana, entre outras amigas, xogando ás tragaperras.