O Irmáns Villar fai unha excursión moi especial
A Biblioteca Nós de Ourense abriu as súas portas a finais do ano 2019. Dende entón tense convertido nun lugar de referencia da cultura e a literatura da cidade. Alí, ademais de todo tipo de servizos para adultos, contan tamén cun recuncho moi especial adicado ós lectores máis pequenos. E foi alí onde gozaron dunha xornada inesquecible os alumnos de segundo de Educación Primaria do colexio Irmáns Villar.
Nas instalacións da biblioteca pública rapaces e rapazas tiveron ocasión de comprobar como funciona o sistema de préstamo de libros, ver como se organizan as estanterías, falar coas traballadoras do centro para preguntarlles as súas dúbidas e, por suposto, reservaron un momento para poñerse cómodos, escoller o seu libro favorito e compartir unha lectura moi especial.
Agora que xa coñecen os segredos deste lugar tan próximo ó seu centro educativo, seguro que voltarán moitas veces.