Xornal Escolar

Misión: curar a amnesia viaxeira en Seixalbo

Este verán, Leo estivo de vacacións por un montón de países. Ó chegar de volta ó seu colexio, en setembro, tivo un percance na biblioteca. Caeulle un libro moi gordo na cabeza e esqueceu todo o turismo que fixo este verán. Por iso, este curso o colexio de Seixalbo ten unha misión clara: axudarlle a Leo -a mascota da biblioteca- a lembralo todo.

E para facelo, a cada aula foille asignado un país sobre o que xa están aprendendo unha morea de cousas que lle irán explicando a Leo durante todos estes meses, a ver se entre todos conseguen refrescarlle a súa memoria viaxeira. 

Reino Unido, Países Baixos, Exipto, Italia, Francia ou Brasil son algúns dos países que lle dan forma ó proxecto global deste curso académico e sobre o que xirarán tódalas actividades que se desenvolvan ó longo deste meses. Un exemplo foi o Samaín, onde xa traballaron a temática do terror dun xeito xeográfico. 

O mesmo acontecerá co Entroido ou o Nadal, pero mentres, cada día van aprendendo cousas novas sobre os destinos asignados. Que comen en Italia? Como son as casas en Países Baixos? Que representa a bandeira de Brasil? A estas e máis preguntas xa comezaron a buscarlle respostas para todos xuntos conseguir sanar a amnesia de Leo. Os alumnos están moi entregados á causa e divírtense aprendendo sobre outras culturas mentres resolven a súa misión deste curso.

xornalescolar_0911_seixalbo_01
1 / 9

A actividade desenvólvese en tódolos cursos de Educación Infantil e Primaria e está sendo un éxito entre os cativos, moi involucrados cos seus países.

xornalescolar_0911_seixalbo_02
2 / 9

Os alumnos xa teñen listos os seus carnés da biblioteca.

xornalescolar_0911_seixalbo_03
3 / 9

O proxecto investiga diferentes aspectos dos países que o compoñen, como é o caso das súas naturezas e a súa biodiversidade.

xornalescolar_0911_seixalbo_04
4 / 9

Os alumnnos están moi implicados no proxecto.

xornalescolar_0911_seixalbo_05
5 / 9

A biblioteca do colexio de Seixalbo é un punto neurálxico da actividade diaria. Ademais do servizo de préstamo de libros, realizan numerosas actividades durante o curso.

xornalescolar_0911_seixalbo_06
6 / 9

A biblioteca é tamén un lugar no que pasar os recreos.

xornalescolar_0911_seixalbo_07
7 / 9

Os alumnnos están moi implicados no proxecto.

xornalescolar_0911_seixalbo_08
8 / 9

As lecturas son unha parte fundamental do proxecto.

xornalescolar_0911_seixalbo_09
9 / 9

A historia de Leo saiu nun xornal que repartiron polo colexio.