Xornal Escolar

A música máis solidaria está no colexio María Inmaculada de Verín

Durante o Nadal, os alumnos de sexto de Primaria do colexio María Inmaculada de Verín venderon o seu disco de panxoliñas cunha misión moi solidaria. Agora, tres meses despois, foron quen de facerlle entrega a representantes da Asociación Española contra o Cancro da recadación de 415 euros que conseguiron. 

O centro educativo verinense acolleu o acto de entrega e foi escenario dun encontro moi especial cos responsables da entidade, que lle agradeceron moito o xesto solidario. Un total de 50 alumnos participaron na iniciativa, promovida polo profesor de Música Roberto González. Dende o colexio amósanse moi orgullosos do seu alumnado, así como da colaboración de toda a comunidade educativa. 

xornalescolar_1503_verin_01
1 / 6

Representantes da Asociación Española contra o Cancro visitaron o colexio de Verín.

xornalescolar_1503_verin_02
2 / 6

Alumnos e profesores están moi orgullosos da iniciativa.

xornalescolar_1503_verin_03
3 / 6

Foto de grupo co cheque da recadación solidaria para a loita contra o cancro.

xornalescolar_1503_verin_04
4 / 6

O colexio María Inmaculada foi escenario dun encontro moi especial.

xornalescolar_1503_verin_05
5 / 6

O colexio María Inmaculada foi escenario dun encontro moi especial.

xornalescolar_1503_verin_06
6 / 6

Foi unha xornada moi emotiva.