Xornal Escolar
A Noite Trisquel de Amencer
Os rapaces e rapazas de Saltimbanquis, Andaina e ADS da asociación xuvenil Amencer reuníronse para gozar da Noite Trisquel. Un momento de encontro e diversión con dous elementos distintivos desta actividade: un xogo nocturno e o feito de durmir fóra de casa co resto dos compañeiros e compañeiras, xa que para algúns foi a primeira vez; é unha nova experiencia, sobre todo para os máis cativos.
E como tema central, un gran xogo de Cluedo ó vivo ó aire libre. Foi unha xornada moi divertida e especial que serviu para pechar as actividades do segundo trimestre do curso. Un conto de boas noites antes de dar por rematada a convivencia da Noite Trisquel. Agora, a asociación xuvenil Amencer prepárase xa para as actividades de conciliación de Semana Santa.