Pequenos expertos paleontólogos en Rairiz de Veiga
Agora que o curso vai chegando á súa fin, os alumnos van pechando os proxectos que mantiveron durante o curso. É o caso dos cativos do colexio Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga que adicaron o terceiro trimestre das aulas de cuarto e quinto de Educación Primaria a investigar sobre os dinosaurios. Aprenderon todo tipo de nomes (triceratos, estegosaurio, t-rex, braquiosaurio, pterodáctilo....), como vivían, que comían (diferenciando entre carnívoros e herbívoros), como nacían... Incluso coidaron de Dino Fernando que saíu dun ovo!
Dentro do proxecto tamén se converteron nun expertos paleontólogos buscando fósiles entre o areeiro con prismáticos e ferramentas do oficio. Para iso, crearon os seus propios fósiles con masa. Ademáis as familias foron moi participativas aportando todo tipo de recursos que enriqueceron o proxecto, como contiños para adentrarse entre todos no gran mundo dos Dinos.