Xornal Escolar

Pon a proba os teus pulmóns coa Lixoteca

Agora que vén o mal tempo, imos preparar un xogo co que poderás pasar horas de diversión na casa.

xornalescolar_0911_lixoteca_01
1 / 6

Os materiais que necesitas son: cartolina, un prato para coller a forma, uns olliños decorativos, unha palliña de plástico, un pompón ou unha pelotiña que pese pouco, tesoiras e pegamento.

xornalescolar_0911_lixoteca_02
2 / 6

O primeiro que faremos será marcar o contorno do prato sobre a cartolina. Se tes bo pulso podes facelo a man. Outra alternativa é empregar un compás ou un disco. O importante é que nos quede un círculo xeitoso marcado sobre a cartolina. Cando o teñas, xa podes recortalo.

xornalescolar_0911_lixoteca_03
3 / 6

Aínda que este paso non é imprescindible para que o xoguete funcione, sempre é máis chulo darlle un toque de personalidade ás nosas manualidades. Por iso, imos facer un adorno recortando dous rectángulos e redondeando un dos lados. Sobre el, pegamos uns olliños decorativos.

xornalescolar_0911_lixoteca_04
4 / 6

Reserva os olliños un momento e agora colle o círculo que recortaches e marca sobre el un triángulo, coma se fora unha ración de pizza. Non ten que ser moi ancha. Corta esa parte e volve unir o círculo para que che quede un cono ancho. Pégao para que non se separe e na parte máis ancha pega tamén os olliños.

xornalescolar_0911_lixoteca_05
5 / 6

Xa só nos queda un paso, que é o máis importante. No vértice do cono introduce a palliña de plástico polo seu lado máis curto, de forma que poidas soplar sen problema polo lado máis longo. Pon un pouco de cinta adhesiva para que non se separe mentres xogamos e vai collendo a pelotiña porque empezamos!

xornalescolar_0911_lixoteca_06
6 / 6

Xa estamos listos para xogar! As instruccións son moi sinxelas: reta ós teus amigos e familiares a ver quen consegue levantar máis a pelotiña, que terás que colocar pola parte interior do cono, coller folgos e soprar con moita forza. A ver quen consegue lanzala máis alto. Xa sabes… Mans á obra!