Xornal Escolar

Preparando un mural colaborativo en Baños de Molgas

O alumnado do CEIP de Baños de Molgas, xunto coas asociación de amas de casa e de mulleres rurais, promovido polo Concello,  levaron a cabo unha actividade conxunta onsistente en pintar un dos muros do Parque Infantil recentemente inaugurado na vila. A idea era compartir un espazo e un tempo de activida de maiores e pequenos e ao mesmo tempo aproveitar a ocasión para ir preparando unha base de pintura, nunha das paredes do parque, para próximamente, o 25 de novembro, Día contra a violencia hacia a muller, continuar coa actividade e completar o mural pintado de cor violeta con debuxos e motivos relativos a dita conmemoración. A xornada finalizou cunha merenda de convivencia e xogo.

xornalescolar_2809_molgas_01
1 / 5

Ao longo da xornada, tamén houbo tempo para o xogo.

xornalescolar_2809_molgas_02
2 / 5

En todas as tarefas hai un intre para repor forzas.

xornalescolar_2809_molgas_03
3 / 5

María Mangana, representante do Concello, explicándolles aos alumnos a actividade.

xornalescolar_2809_molgas_04
4 / 5

Primeiros brochazos para asentar a base do futuro mural.

xornalescolar_2809_molgas_05
5 / 5

Rapaces do centro durante o breve paseo camiño da actividade.