Xornal Escolar

Un puzzle con horas de diversión

Agora que vén a choiva, propoñémosche unha manualidade dun puzzle no que poderás pasar horas de diversión dentro da casa.

xornal1310_lixoteca_001
1 / 6

Os materiais que necesitas son: unha caixa de cartón, un folio, rotuladores de cores, pegamento, tesoiras e un cúter (con moito coidado!).

xornal1310_lixoteca_002
2 / 6

O primeiro que faremos será cortar dous cadrados duns 11 ou 12 centímetros en cada lado. No noso caso, puidemos aproveitar os laterais da caixa de galletas que utilizamos porque xa nos daban esa medida. Se utilizas outros cartóns, asegúrate de que cada lado ten esa medida.

xornal1310_lixoteca_003
3 / 6

Cando teñas dous cadrados iguais, utiliza un tapón dunha botella de auga para marcar e redondear as esquinas. Colle un dos cadrados e fai un marco por dentro deixando sobre un centímetro de cada lado (o importante é que o interior teña nove centímetros de lado). Recórtao e pégao contra o cartón que non ten nada.

xornal1310_lixoteca_004
4 / 6

Colle agora o folio e recorta un cadrado de nove centímetros por cada lado. Sobre el, debuxa o que ti prefiras. Recupera o interior do cartón que recortaches e divídeo en nove partes iguais. Terás que marcar dúas liñas verticais e dúas horizontais separadas entre elas tres centímetros.

xornal1310_lixoteca_005
5 / 6

O seguinte paso será pegar o debuxo sobre o cartón que tes marcado con nove partes, deixando as marcas pola parte traseira para no perdelas. Asegúrate de que o debuxo e as marcas están na mesma dirección e recorta. Tes que conseguir nove cadradiños iguais nos que estará dividido todo o debuxo.

xornal1310_lixoteca_006
6 / 6

Xa só queda que decores o marco do puzzle ó teu gusto e coloques as pezas en orde sobre el. Retira a peza da esquina onde teñas menos debuxo e pídelle a alguén que che descoloque as oito pezas que quedan. A túa misión será agora ir deslizando os cadrados ata conseguir compoñer o debuxo. Así que, xa sabes… Mans á obra!