Xornal Escolar

Vai chegando o outono ás aulas

A medida que chega o outono, as aulas vanse enchendo de todo tipo de actividades para completar a formación. Creatividade en torno á poesía, obradoiros de nutrición ou educación fiscal, viaxes ó pasado… A semana escolar da provincia estivo chea de propostas de diversión e aprendizaxe.

xornal1910_redes_001
1 / 7

Celanova. O paso dos anos vaille traer a tódolos alumnos certas responsabilidades fiscais relacionadas coas súa vida adula. Por iso, no Sagrado Corazón, ofrecéronlle unha xornada de educación cívico-tributaria para Primaria e ESO.

xornal1910_redes_002
2 / 7

Verín.Os alumnos de segundo de ESO do María Inmaculada na materia de Mobilidade escolar sostible e segura saíron a rúa para retirar residuos e deixar ben limpas as beirarrúas da vila.

xornal1910_redes_003
3 / 7

IES Otero Pedrayo. “Fai click ao teu bocata” é o proxecto da Consellaría do Mar co obxectivo de transmitir a importancia dos produtos en conserva, do peixe e do marisco na dieta. Os alumnos de primeiro de ESO participaron na actividade.

xornal1910_redes_004
4 / 7

Santo Ángel. Os alumnos realizaron unha viaxe ó pasado da man da súa profe Marta López, dentro da asignatura de Ciencias Sociais. Sen saír do colexio puideron aprender moitas cousas antigas.

xornal1910_redes_005
5 / 7

Josefinas. Os pequenos detalles que enchen todo o colexio son unha gran fonte de inspiración para alumnos e profesores. Os máis pequenos adicaron estes días a rebuscar por tódolos recunchos ata atopala.

xornal1910_redes_006
6 / 7

O Barco.No colexio Otero Pedrayo desenvolveron o obradoiro “Moito galego! Moito Florencio”, unha actividade creativa en torno á figura de Delgado Gurriarán conducida por Débora.

xornal1910_redes_007
7 / 7

A Rúa. Chegou o outono e os pequenos de cuarto de Infantil saíron polos arredores do colexio Pablo VI para ver os cambios que se producen na natureza nesta época do ano. Aproveitaron para recoller froitos e follas e clasificalos.