Xornal Escolar

Voando ata o máis alto

Para non perder o tempo nin a diversión durante as tardes de chuvia do outono, imos facer unha catapulta moi divertida.

xornalescolar_2311_lixoteca_01
1 / 6

Os materiais que precisamos son: cartolina vermella, tres vasos de plástico ou de papel, un pauciño fino, dúas gomas, rotuladores, tesoiras e pegamento.

xornalescolar_2311_lixoteca_02
2 / 6

O primeiro paso será coller dous dos vasos e encaixar un dentro doutro. Para facelo terás que cortar o borde dun deles, de xeito que non quede espazo no fondo. Unha vez que os teñas, fai catro buratiños, coma se foran os puntos cardinais, a un centímetro aproximadamente do borde.

xornalescolar_2311_lixoteca_03
3 / 6

Se xa tes os buratiños ben feitos e atravesando polo mesmo punto os dous vasos, introduce as dúas gomas elásticas facendo unha cruz -como ves na imaxe-. Na parte de fóra e para que non escapen polos buratiños, pon un anaquiño dun pau. Se ves que o necesitas, podes poñerlle un puntiño de pegamento nas esquinas.

xornalescolar_2311_lixoteca_04
4 / 6

Chega a parte máis divertida da Lixoteca, esa que pon a proba a túa creatividade. Toca decorar! Nesta ocasión, a nosa catapulta vai ter forma de cohete espacial animado, así que unha idea é que lle debuxes unha simpática faciana. Pero aquí hai liberdade absoluta, así que podes colorealo ou decoralo como máis che guste.

xornalescolar_2311_lixoteca_05
5 / 6

Para que colla máis propulsión, imos colocarlle tamén un sombreiro. Facelo é moi sinxelo: cortas un círculo da cartolina vermella, recórtaslle un triángulo -coma se fora unha porción de pizza- e unes con pegamento para conseguir un cono. Canto máis ancho sexa o triángulo, máis picudo quedará o sombreiro.

xornalescolar_2311_lixoteca_06
6 / 6

Xa só nos queda botar man do vaso de papel ou de plástico que aínda non empregamos e colocalo sobre a mesa boca abaixo. Para comezar a xogar, colle o noso divertido cohete espacial, trata de encaixalo por riba do vaso, impúlsao e solta! Podes retar a ver quen consegue que voe máis alto. Xa sabes… Mans á obra!