OCIO EN VERÁN

Aberta a inscripción para os Campus de Verán de Xinzo

Para inscribirse nun dos tres Campus será necesario achegarse ao pavillón de deportes de Xinzo ou á Casa da Cultura.

Dende esta semana e ata o vindeiro xoves, 22 de xuño, estará aberta a inscripción para solicitar praza nos tres Campus de Verán que ofrece o Concello de Xinzo dpe Limia en colaboración con outras entidades e asociacións. Todos eles terán lugar do 3 ata o 31 de xullo en horario de mañá dende as 10,30 ata a 13,30 horas. 

O Campus Deportivo, estará dispoñible para os nenos nacidos entre os anos 2004 e 2010. As actividades comprenderán baloncesto, fútbol, atletismo, orientación, minitramp, xogos deportivos, piscina e excursións. O Campus Urbán será aberto a cativos nacidos nos anos 2011 e 2012. Neste senso a programación de actividades inclúe manualidades, xogos deportivos e piscina. No que atinxe á modalidade cultural a oferta está composta por informática, música, música tradicional, teatro, piscina e excursións. 

Para inscribirse nun dos tres Campus será necesario achegarse ao pavillón de deportes de Xinzo ou á Casa da Cultura.

Te puede interesar