Provincia

Abertas as axudas para os autónomos de Xinzo

Pódense solicitar dende este luns e durante os vindeiros 19 días

Dende onte luns e durante os vindeiros 19 días hábiles os autónomos e responsables de pequenas e medianas empresas que tiveron que cesar a súa actividade por mor da pandemia do covid-19, xa poden solicitar oficialmente as axudas movilizadas polo Concello de Xinzo que, na maioría dos casos, rondarán os 300 euros por damnificado. 

Os requisitos para poder acceder a esta prestación serán, entre outros, tratarse de persoas maiores de 18 anos incluidas no réxime especial de traballadores autónomos e dadas de alta no Imposto de Actividades Económicas do Concello de Xinzo de Limia. Do mesmo xeito, serán beneficiarios da axuda os autónomos que exerzan unha actividade económica con carácter empresarial profesional ou por conta propia no citado concello -non poderan optar a dita axuda os autónomos colaboradores, é dicir, cónxuxes e familiares ata o segundo grao por consanguinidade, afinidade ou adopción que convivan co  traballador autónomo titular da actividade económica-. A contía que recibirán aqueles traballadores que cumpran con todos os requisitos decidirase unha vez se peche o prazo, aínda que éstas non superarán os 300 euros por persoa.

Te puede interesar