a limia

Adegal aposta pola agrogandeiria sostible na comarca

mesa_limia
photo_camera Reunión da mesa da Limia no salón de plenos de Xinzo o pasado venres.
O colectivo valorou positivamente a segunda xuntanza da Mesa da Limia e as súas iniciativas

A Asociación de Empresarios e Gandeiros da Limia -Adegal- acudiu á segunda xuntanza da Mesa da Limia o pasado venres, que tamén contou coa presenza de representantes institucionais, plataformas veciñais e ecoloxistas, agricultores e gandeiros interesados en acadar puntos en común e camiñar en favor dun sector agrogandeiro sostible e produtivo. 

Un dos primeiros colectivos en reaccionar logo deste novo encontro foi, precisamente, Adegal, que acudiu "cun espírito construtivo para traballar pola defensa e o impulso desta comarca que ten claramente vocación agraria, e na que o sector agrícola e gandeiro xeran un importante tecido empresarial, consolidando así un modo de vida e unha fonte de riqueza. Esto repercute de xeito vinculante e moi positivo no sector servizos e no sector terciario".

Dende a asociación limiá, valoraron positivamente todos os temas e medidas tratadas na xuntanza -o Plan Estratéxico do sector agrario da Limia (PEL), o de formación para agricultores e gandeiros, os proxectos piloto da Consellería do Medio Rural -SIDEGA-, a limpeza dos canles, o plan de regadío e o anteproxecto da Lei reguladora do sistema integrado para a xestión das dexeccións gandeiras de Galicia, do que se están revisando actualmente as alegacións presentadas-. "Demóstrase que o sector produtivo, perfectamente organizado, está disposto a seguir impulsando un modo de producir que preserve o medio do que se dispón como sinal de identidade e de calidade diferenciada nos seus produtos", aseguran dende Adegal. "Estes plans para compatibilizar a actividade agrogandeira co coidado do entorno van permitir o progreso da comarca da Limia de xeito sostible", engadiron. 

Te puede interesar