AGROINDUSTRIA

Adegal vai sumar forzas coa Asociación Agraria de Galicia

A xuntanza tivo lugar na sede de Adegal, no Multicentro de Xinzo.
photo_camera A xuntanza tivo lugar na sede de Adegal, no Multicentro de Xinzo.

A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia seguirá loitando, deste xeito, para dar a coñecer a importancia social e económica que o sector primario e a agroindustria teñen na Limia.

Dende a Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia destacaron a necesidade de unir esforzos e establecer colaboración con outras agrupacións similares e, por este mesmo motivo, a entidade decidiu establecer un contacto directo coa Asociación Agraria de Galicia. Neste senso, o Consello Directivo mantivo un encontro co presidente do grupo galego, Franciso Bello Bello, na sede de Adegal, en Xinzo de Limia. O obxectivo foi intercambiar propostas e iniciativas para o impulso das explotacións agrarias de Galicia. A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia seguirá loitando, deste xeito, para dar a coñecer a importancia social e económica que o sector primario e a agroindustria teñen na Limia. Por este motivo tamén se buscarán as sinerxias e colaboración coa plataforma Alianza Rural, de ámbito estatal, na que o medio rural é o vehículo comunicador das diversas comarcas e comunidades autónomas. 

Outro dos obxectivos será acadar o máximo respeto ao medioambiente.

Te puede interesar