A Limia

AGER denuncia o corte da luz en Rairiz de Veiga

A formación da oposición asegura que o Concello debe máis de 700.000 euros en facturas 

A Agrupación de Electores de Rairiz de Veiga -AGER- denunciou onte públicamente o paro dos servizos no interior do Consistorio por mor dun corte de luz causado polo impago de facturas do propio ente local, gobernado pola rexedora popular, Asunción Morgade. 

A formación da oposición neste municipio asegura que a débeda contraída polo Concello coa empresa comercializadora provocou esta interrupción do suministro pola mañá. Dende AGER criticouse "a desorganización e mala Xestión do concello por parte do grupo de goberno do Partido Popular, incapaz de ter ao día servicios tan básicos como o refererido".

Para a Agrupación de Electores de Rairiz de Veiga, o corte no suministro pon en evidencia "a mala situación económica" que está a atravesar o concello da comarca limiá, ou, "mais ben, a súa nefasta xestion dos recursos da propa administración local" ademáis da "desidia" por parte do grupo de goberno en cuestións "tan básicas como non poder afrontar os gastos do suministro eléctrico da casa do concello".

A oposición critica duramente o soldo de 24.240 euros que está a percibir a propia rexedora malia a existencia de débedas

AGER asegura que durante o último Pleno celebrado no mes de agosto non se deu ninguna explicación sobre as contas e débedas do Concello, aprobando un presuposto coa sua mayoría absoluta , "idílico e irreal que, á hora da verdade, sempre se incumpre, e todo acaba indo ao saco de gastos xerais".

O grupo político local explica que a necesidade de pagar a luz xa se lle recordou "en varias ocasións" ao grupo de goberno, e nunca obtiveron unha resposta concreta mais que "ven de atrás, que non sei que dos recibos xuntos e que xa o ia arranxar, pero, ao final nada".

Dende AGER recordaron que na actualidade o concello de Rairiz de Veiga "ten unha debeda superior os 700.000 euros, e que a alcaldesa está a percibir anualmente un salario de 24.240,16 euros pola súa adicación ao Consistorio, que vistos os acontecementos producidos e a súa xestión do concello, a adicación parcial cun soldo de 2000 euros o mes faise difícil de explicar os veciños de Rairiz de Veiga".

Este xornal non foi quen de contactar coa rexedora local, Asunción Morgade, durante toda a xornada de onte.

Te puede interesar