MÚSICA

A Agrupación, terceira no certame galego de bandas

banda_result
photo_camera Momento de la actuación de la agrupación limiana.

A formación de xinzo participou na décimo primeira edición do concurso autonómico, na que tamén figurou La Lira

A Banda de Música da Agrupación Musical da Limia acadou onte o terceiro lugar na décimo primeira edición do certame galego de bandas que tivo lugar na capital compostelana. Baixo a dirección do ribadaviense José Luis Tielas Santiago, interpretaron un pasodobre -Con arte y delicadeza, de Alfonso Salvatierra-, unha obra obrigada polo tribunal -Areal da Alba, de Esteban Zapata- e outra libre -Man, de Antón Alcalde-.
O colectivo musical da Limia participou na segunda sección, e tivo como contrincantes á banda municipal de Caldas de Reis e á banda de Sanxenxo. No certame galego estivo presente tamén, aínda que na quenda do sábado, a Banda de Música A Lira de Ribadavia, que participaba na terceira sección, tamén no mesmo escenario compostelano.

XURADO DE ELITE
 O compositor británico Laurence Roman, o músico, compositor e director valenciano Ferrer Ferrán e o compositor galego Juan Durán foron os membros do xurado internacional encargado de elixir ás formacións gañadoras, que se deron a coñecer, xunto coas obras gañadoras do X Concurso de Composición, na clausura de onte pola tarde no Auditorio de Galicia en Santiago. Un total de dez formacións competiron nas tres seccións. 

Te puede interesar