A LIMIA

A alta velocidade chega ao polígono de Vilar de Santos

<p></p>
photo_camera O Polígono de Santa Marta construiuse a finais dos anos 90 e nel hai 19 empresas.

As 19 empresas do parque empresarial xa teñen internet de 350 megas 

O Polígono Industrial de Santa Marta, en Vilar de Santos, dá un paso máis para a súa modernización coa instalación dun sistema de internet de ata 350 megas. As 19 empresas que conforman o parque limiao beneficiaranse, deste xeito, dunha das actuacións do Plan de Banda Larga 2020, que está a impulsar a Xunta de Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co operador R.

Xunto co polígono de Xinzo, o de Vilar de Santos é outro dos recintos empresariais da provincia de Ourense que dispoñerá, este ano, de acceso a redes ultrarrápidas de internet. Tal e como explican dende a Xunta, a estes dous uniranse proximamente 34 empresas dos polígonos de Trado, en Pontedeva e Vilamarín co que, a peche de 2018, serán 11 os parques empresariais ourensáns beneficiados polo Plan, dende que comezaran as actuacións durante o pasado 2016.

As empresas destes polígonos poderán contratar servizos de internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 megas de baixada e 35 de suba, e cunha garantía de caudal do 80 por cento sen límite de descargas.

Por outra banda, R poñerá a disposición das sociedades dos polígonos a tecnoloxía necesaria para que poidan acometer a súa transformación dixital. O Plan xa completou o despregamento en 63 parques empresariais da comunidade e este ano chegará a outros 18 máis.

O investimento total foi de 5,2 millóns de euros, dos que 3,4 foron subvencionados pola Amtega e cofinanciados polos fondos Feader.

Te puede interesar