Amigos das Árbores busca unha fronte común en Xinzo

O obxectivo é  atopar alternativas eleboradas pola plataforma para evitar a tala das árbores que se contempla no proxecto de reforma da avenida de Celanova

A plataforma Amigos das árbores da Limia ven de rexistrar un escrito no Concello de Xinzo instando ao alcalde da localidade, Antonio Pérez, a que solicite unha reunión formal coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, para transladarlle as inquedanzas e propostas do colectivo. Neste sentido manifestan o seu "apoio" ao responsable local. 

Representantes da agrupación mantiveron o pasado mércores unha xuntanza co rexidor, o tenente de alcalde de Xinzo, Manuel Casas, varios concelleiros do grupo de goberno e o arquitecto municipal, co obxectivo de tratar as alternativas eleboradas pola plataforma para evitar a tala das árbores que se contempla no proxecto de reforma da avenida de Celanova. Segundo sinalan os defensores dos 56 exemplares arbóreos, "dende o equipo de goberno valoraron positivamente estas propostas".

A alternativa de "acondicionar as pistas transversais para solucionar o problema do tránsito de camións na zona" considerouse  viable por ambas partes, segundo explicaron dende a plataforma.

Te puede interesar