A LIMIA

Antonio Iglesias será a aposta do PP para liderar Lobeira

Manuel Baltar secundou a proposta destacando que se trata dun alcalde "fiable" que "merece" a confianza veciñal

O Partido Popular de Lobeira xa ten definido o seu candidato para concorrer ás eleccións do vindeiro 26 de maio. Será Antonio Iglesias Álvarez, quen intentará conseguir a súa segunda maioría absoluta no municipio. O obxectivo Iglesias será "incrementar a atención aos maiores e prestar especial atención ás comunicacións". Manuel Baltar, presidente provincial, ratificou esta candidatura e manifestou que o candidato "merecerá, de seguro, a confianza maioritaria dos veciños que queren un alcalde fiable como él". 

Antonio Iglesias, nado en Lobeira en 1958, conta cunha ampla experiencia política xa que entrou a formar parte da corporación local hai 32 anos. Deu aquel paso en firme "pola inquedanza que tiña, por aquel entón, para facer cousas por Lobeira" e tamén "animado polos veciños". 
Para Iglesias "aquel era o momento de achegar o meu traballo para comezar a loitar por un concello mellor, como así fixen con máis ilusión aínda neste primeiro mandato". 

O candidato popular baseou a súa xestión nestes catro anos no ámbito social "procurando máis atención e mellores servizos para que os maiores e as persoas dependentes puidesen vivir nas súas casas", dixo.

Te puede interesar