Antonio Míguez preséntase á alcaldía de Santos polo BNG

O alcalde Antonio Míguez. JOSÉ PAZ
photo_camera O alcalde Antonio Míguez. JOSÉ PAZ
Antonio Míguez chegou á alcaldía da localidade o pasado mes de marzo, tras a dimisión, “por motivos persoais”, de Xan Jardón

Antonio Míguez, o actual alcalde de Vilar de Santos polo partido independente Xuntos Vilar de Santos, presentarase á alcaldía nas eleccións municipais de 2023, pero farao polo Bloque Nacionalista Galego. Así o anunciou o partido, que programa o acto de presentación da candidatura para hoxe, ás 19,00 horas, na Casa do Concello de Vilar de Santos.

No acto, Míguez estará acompañado pola portavoz nacional, Ana Pontón, quen amosará o apoio ao rexedor municipal. Ademais, Pontón, previamente reunirase cos representantes do tecido económico e social do municipio. A portavoz nacional tamén visitará Maceda durante a mañá para coñecer de primeira man a situación do concello, reuníndose cos diferentes colectivos. 

Antonio Míguez chegaba á alcaldía da localidade o pasado mes de marzo, tras a dimisión, “por motivos persoais”, de Xan Jardón. Agora, Míguez tomará un novo camiño da man do BNG, partido co que se presentará á alcaldía.

Te puede interesar