O arranxo de pistas de Xinzo chega aos Covos

undefined
photo_camera A Pista dos Covos logo do seu arranxo.
A actuación non precisou dun proxecto técnico por tratarse dunha reparación e limpeza de sinxeleza técnica. 

Dentro do plan de arranxos de pistas municipais, o Concello de Xinzo acaba de rematar a Pista dos Covos que, segundo apuntaron dende o Consistorio “levaba anos” sen someterse a tarefas de mantemento e se atopaba en moi malas condicións polo paso de camións de grande tonelaxe -unha media entre 50 e 60 vehículos por día-. Neste senso, fochancas, cortes e importantes fisuras na capa de aglomerado dificultaban a circulación pola vía. Ademais, as beiras atopábanse cheas de maleza. Os problemas de afundimento no firme polo constante tráfico de vehículos pesados ocasionou fochancas centrais e desconchados nos laterais que non permitían a evacuación das augas cara as cunetas, tal e como precisaron dende o departamento de Obras. 

A actuación non precisou dun proxecto técnico por tratarse dunha reparación e limpeza de sinxeleza técnica, tal e como indica o PXOM de Xinzo de Limia e o Regulamento da Lei do Solo. O executivo local decidiu acometer as obras de maneira urxente para evitar que despois do verán, coa chegada do mal tempo, os problemas no firme se agravasen. Investíronse 31.839 euros.

Te puede interesar