Vilar de Santos | Entrevista

Rodríguez Corbal: “Aspiro a que os centros de desenvolvemento rural non fagan falta"

El fundador del Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, Antonio Rodríguez Corbal. (Foto: Paula Palomanes)
photo_camera El fundador del Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, Antonio Rodríguez Corbal. (Foto: Paula Palomanes)
O CDR O Viso traballa activamente en favor dos dereitos dos habitantes do rural e dos colectivos máis vulnerables do entorno

O Consello Asesor do Museo Etnográfico da Limia decidiu este ano otorgar o terceiro Premio Pedra Alta ao Centro de Desenvolvemento Rural O Viso. Trátase da primeira vez que se recoñece o labor dunha entidade, pois nas dúas anteriores ocasiones foron o etnógrafo Elixio Rivas e o historiador Antonio Rodríguez Colmenero os distinguidos con este premio que recoñece as aportacións culturais e sociais á comarca de A Limia.

O CDR O Viso traballa activamente en favor dos dereitos dos habitantes do rural e dos colectivos máis vulnerables do entorno. Conta con servizos como centro de día, casa niño, reparto de comida a domicilio ou actividades de convivencia e formación. Malia que son moitos os traballadores e voluntarios da entidade, Antonio Rodríguez Corbal é a súa cara máis visible. Emocionado e en nome de todos os compañeiros, foi o encargado de recoller o galardón no salón de actos de Vilar de Santos. 

Como reciben este distintivo?

Con moita alegría. Somos o que din que somos e, entón, que o digan noutro sitio deste xeito é importante. Xa nos deron algún que outro premio, pero que sexan os propios veciños da comarca da Limia os que recoñezan o noso labor é algo máis enternecedor. Poder estar aquí, rodeado dos teus... noutros sitios non se valora do mesmo xeito que se valora aquí. 

Parece que non lle gusta levar o protagonismo da entidade. 

E que non é algo de un, nin de dous, é algo de moitas persoas. Solo traballadores pasaron xa 99 polo Centro de Desenvolvemento Rural. 

Cantos son actualmente?

Máis de 20, ademáis dos voluntarios. Cando falo de traballadores, falo dos remunerados, eu non teño remuneración, por exemplo. Son voluntario como hai moita xente que o é. 

E voluntarios?

Pois voluntaria é case toda A Limia. Por exemplo cando recorres a alguén porque fai falla levar a algún home a comida. Voluntarios tamén sodes vós -a prensa- cando facedes visible o noso traballo e a administración decide que ten que apoiarnos. 

Decíase na presentación do premio que este recoñecemento, máis que a fin dunha etapa debería ser o comezo dunha nova. Que desafíos teñen a partir deste momento?

Eu aspiro a que os Centros de Desenvolvemento Rural non sexan necesarios, e morran porque non fan falta. Realmente o que facemos entendo que o debería de facer a administración con máis medios. Normalmente a sociedade civil vai facendo cousiñas e cando a administración as vai asumindo, nós xa vamos buscando o que a administración non fai. 

Que significaría que vos -o CDR- xa non fixerades falta?

Mira todos os programas que temos. Que a xente tivera o dereito a morrer onde nace, por exemplo, e xa ves que pobreza de obxectivo é. Nós procuramos conseguir esto dandolle servizos para que poida vivir na súa casa ou na vivenda comunitaria. Esto, con máis medios, debería de mirar de facelo quen o ten que facer.n

Te puede interesar