OBRAS

A avenida de Celanova de Xinzo estará lista en tres meses

Os representantes provinciais e municipais visitaron o estado das obras.
photo_camera Os representantes provinciais e municipais visitaron o estado das obras.
Os camións desviaranse polo vial que comunica a OU531 coa N525 e A52

Despois de meses de polémicas, retrasos e obras, a fin da remodelación da avenida de Celanova de Xinzo semella estar preto. Segundo anunciou a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, os traballos finalizarán no primeiro trimestre do 2020. 

Díaz Mouteira supervisou este luns as obras de acondicionamento da OU-531, na avenida de Celanova, a mellora de vías municipais e a racionalización da rede viaria de titularidade autonómica. Fíxoo na compañía da rexedora de Xinzo, Elvira Lama; do portavoz da oposición, Antonio Fernández Veiga, e doutros concelleiros do municipio.  

Díaz Mouteira subliñou que grazas a esta actuación -que ascende a dous millóns de euros- deseñada pola Xunta en coordinación co Concello, que se encarga de realizar as obras, será posible "reordenar todo o tecido urbano, pero tamén as estradas de titularidade autonómica, de titularidade municipal, as beirarrúas e o abastecemento e saneamento da estrada nacional". 

A día de hoxe xa están totalmente finalizados os traballos correspondentes á renovación da rede de abastecemento, saneamento e drenaxe. Ademais está a piques de rematar a execución das beirarrúas e da iluminación, e quedan pendentes os traballos de aglomerado dos viais, así como a sinalización, balizamento, equipamento urbano e xardinería. 

Doutra banda, o proxecto contempla limitar o tráfico pesado na rúa, que será desviado polo vial de conexión da OU-531 coa N-525 e A-52. Neste senso, Mouteira explicou que agora resta licitar a obra de mellora da mobilidade do concello mediante o acondicionamento de viais municipais para crear unha circunvalación.

Te puede interesar