Avisan dunha estafa de vacinas en Xinzo

Varios veciños da localidade alertaron de que recibiron chamadas para poñer a vacina na casa

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, avisou dunha estafa na que están chamando aos veciños da localidade para poñer a vacina do coronavirus. Lama recorda que os únicos encargados de aplicar a vacina son os sanitarios nos centros de saúde ou residencias de maiores, polo que lle pide aos veciños que, ante calquera sospeita, chamen ás autoridades.

Te puede interesar