A Limia

Os balcóns máis bonitos de Xinzo levaron premio

A Limia

Concurso

Os balcóns máis bonitos de Xinzo levaron premio

María Carrera, Marina Pousa, María Freire e María Losada xunto a Elvira Lama e Rafael Penabad.
photo_camera María Carrera, Marina Pousa, María Freire e María Losada xunto a Elvira Lama e Rafael Penabad.
O concurso de embelecemento de balcóns xurdiu como unha maneira de coidar a estética do concello

O concurso de embelecemento de balcóns promovido polo Concello de Xinzo de Limia xa ten gañadoras: trátase de María Carrera e Marina Pousa, na sección vila, e María Freire -de Boado- e María Losada -de Morgade-, na sección de pobos. Cada unha delas recibiu un cheque por importe de 100 euros para gastar no comercio e hostalería locais e outro vale de 30 euros para investir en plantas e produtos de xardinería de Xardín da Limia, unha colaboración desta empresa que agradeceron tanto as premiadas como o propio Concello.

Durante a entrega dos premios, Elvira Lama -quen estivo acompañada dos edís Rafael Penabad e Ramiro Rodríguez- puxo en valor o esforzo e o traballo feito por estas mulleres e animou a tódolos veciños a que participen en vindeiras edicións, garantindo así a continuidade dunha iniciativa que se realizou por primeira vez.

O concurso de embelecemento de balcóns xurdiu como unha maneira de coidar a estética do concello e rematou sendo, do mesmo xeito, unha homenaxe aos sanitarios dende estes lugares.