NATUREZA

A biodiversidade retorna ata a Veiga de Gomareite

Gomareite_result
photo_camera Voluntarios da Sociedade Galega de Historia Natural nos traballos de recuperación da Veiga.

O reto foi conseguido por membros da Sociedade Galega de Historia Natural

Biólogos e voluntarios pertencentes á Sección Antela da Sociedade Galega de Historia Natural veñen de rematar a rehabilitación da Veiga de Gomareite. Unha parte da Lagoa de Antela, de 16 hectáreas de extensión, ubicada en Vilar de Barrio. 

Segundo informaron dende a asociación, este medio natural estábase a empregar "como entulleira de vertedoiro de lixo", feito que estaba a supoñer "un grande problema", xa que ademais de que "o lixo atrae ao lixo, os verquidos son caóticos e estaban a reducir a superficie dispoñible para a flora e a fauna e tamén para o uso gandeiro". 

Por outra banda, dentro desta veiga, estase a desenvolver un proxecto de gandeiría en extensivo algo que, segundo explicou Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, "favorece a conservación da fauna típica das veigas húmidas". Por este motivo, a asociación chegou a un acordo de custodia compartida do territorio co gandeiro responsable,  moi preocupado tamén polo emprego do lugar como vertedoiro. 

Malia que os traballos de rehabilitación comezaron a mans dos voluntarios da sociedade durante o pasado ano 2014, a concesión dunha axuda de 12.000 euros por parte do Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) permitiu restaurar 10 hectáreas das 16 existentes, entre finais do pasado 2016 e o presente mes de abril. "Rematamos dous meses antes do prazo de execución preestablecido", sinala Serafín Álvarez. "A idea é seguir facendo todo o posible para a recuperación da veiga con voluntarios e acollernos, nun futuro, a outras axudas que poidan xurdir". Neste sentido, o presidente remarcou que "hai cousas que non se poden facer coas mans e precisamos de maquinaria, por exemplo, retirar bigas de hormigóns ou grandes electrodomésticos". 

Te puede interesar