ELECCIONES

A candidatura do BNG presentou a súa web electoral en Xinzo de Limia

A formación nacionalista presenta o que califica como "un proxecto ambicioso" para la localidad

O BNG poñe a disposición dos veciños a web coasideasclaras.bngxinzo.gal que contén toda a información sobre a candidatura e o programa electoral da formación en Xinzo de Limia.

Avanzan que "tamén estaremos presentes nas redes sociais onde publicaremos diariamente actualizacións sobre a campaña, así como pequenas vídeopropostas nas que os membros da candidatura falarán dos puntos máis importantes do programa electoral".

A formación nacionalista presenta o que califica como "un proxecto ambicioso" para la localidad que pretende "por en marcha un novo modelo de vila, que garanta uns servizos públicos de calidade e que reactive a economía e o comercio".

Engaden que defenderán un goberno que aposte por un Xinzo humanizado e ben comunicado, "sempre cunha xestión transparente, rigorosa e solvente", suliñan dende a formación.

Os nacionalistas lembran, por outra parte, a súa proposta de levar a cabo un debate entre todas as candidatas e candidatos a alcaldía de Xinzo de Limia, "para poñer sobre a mesa e contrastar as ideas e proxectos de futuro para o noso municipio", según explican dende o BNG.

Te puede interesar