RURAL OURENSANO

Cáritas reúne nunha mostra 30 historias reais da vida no rural, en Calvos de Randín

<p></p>
photo_camera Un dos obradoiros de manualidades promovidos pola entidade colaborativa no concello de Baltar.

Será inaugurada o 20 de xuño en Calvos de Randín e tratará sobre a emigración no Val do Salas

Froito do traballo levado a cabo dentro do Programa de Atención ás persoas maiores do rural de Cáritas, inaugurarase o vindeiro 20 de xuño, na Casa do Concello de Calvos de Randín, a mostra "A emigración no século XX na zona do Val do Salas". A exposición recollerá historias reais, fotografías e documentación orixinal de persoas dos concellos de Baltar, Calvos de Randín e Muíños, que foron recabadas ao longo dos últimos dous anos.

En total 30 persoas -algunhas delas xa falecidas- colaboraron coa entidade contando a súa experiencia no país de destino, e as consecuencias de partir cara un mundo descoñecido deixando atrás ás súas familias. Segundo sinalan dende Cáritas, a emigración tivo un grande impacto nese territorio.

O acto de inauguración comezará ás 17,00 horas e está previsto que conte coa presenza do obispo de Ourense, Leonardo Lemos, e membros da dirección de Cáritas Diocesana da provincia, así como dos alcaldes das localidades implicadas no proxecto. A mostra permanecerá en Calvos de Randín durante os meses de verán, aínda que tal e como sinalou a coordinadora do programa, Ana María Vázquez, a idea e que sexa itinerante e se poida visitar nos tres municipios e no de Xinzo de Limia.

O Programa de atención a persoas maiores iniciouse durante o pasado 2011 e promove actividades en favor do envellecemento actico, obradoiros como ximnasia de mantemento, manualidades ou talleres de memoria e, ademais, contribúe a dinamizar o rural e a recuperar o patrimonio inmaterial para poñer en valor e recuperar as tradicións co obxectivo de transmitilas a outras xeracións.

Te puede interesar