A Casa da Cultura de Baltar mellorará cun investimento de 50.000 euros

040321 Visita concello de Baltar 3
photo_camera José Antonio Feijóo con Gabriel Alén, que se achegou ata o municipio de Baltar.
Nestes instantes estase a traballar, entre outros aspectos, na colocación dunha nova cuberta ou na instalación de iluminación LED no Salón de Actos. 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través dun convenio asinado co Concello de Baltar, investirá preto de 50.000 euros para o acondicionamento da Casa da Cultura Nelson Zumel. Para comprobar o estado das obras, o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, desprazouse ata este municipio onde, acompañado polo rexedor local, José Antonio Feijóo, percorreu as instalacións. 

As obras, tal e como apuntaron dende o departamento autonómico, supoñen o arranxo e adecuación dunha edificación en planta soto, baixa e unha planta alta para Casa da Cultura. Nestes instantes estase a traballar na colocación dunha nova cuberta, a montaxe de canles e baixantes de alumino lacado, a renovación do revestimento exterior, o acondicionamento acústico do salón de actos e a instalación de iluminación LED no mesmo salón. Nas inmediacións da edificación, tamén se humanizará o espazo peonil, delimitaranse as zonas de aparcamento de vehículos coa colocación dun pavimento de pedra, instalarase unha nova iluminación e soterraranse as liñas aéreas existentes.

Te puede interesar