A LIMIA

A Casa da Lagoa recibiu a un cento de visitantes en 17 días

sandias
photo_camera Cativos do Punto de Atención Á Infancia de Sandiás e veciños do municipio ás portas da Casa da Lagoa.
O espazo de Sandiás reabriuse neste mes de xullo e poderase visitar ata comezos do vindeiro outubro 

O Centro de Interpretación Casa da Lagoa de Sandiás é a gran aposta cultural do verán neste municipio. O espazo pechou en outubro de 2018 e, grazas a unha achega da Deputación, poderá visitarse durante todo o periodo estival.

Dende a súa apertura, a mediados do pasado mes de xullo, a mostra recibiu a preto dun cento de persoas procedentes de Sandiás, pero tamén doutros lugares como Madrid, País Vasco, Santiago ou Coruña. Nesta ocasión, ademais, o Concello seleccionou a un licenciado en Historia, natural do municipio, como guía das instalacións e que, entroutras accións, está a dinamizar o museo e a mellorar a comunicación a través das redes sociais. 

"Comenzamos las visitas con un vídeo en el que se explica la historia de la Lagoa de Antela, del patrimonio de Sandiás y de las areneras de Vilariño das Poldras", comenta Álex De Los Ríos, guía da Casa da Lagoa. "Se puede ver una barca y una recreación de la laguna. También tenemos una sala etnográfica con aperos de labranza antiguos y hornos de la época", engade. 

Na parte superior do inmoble atópase a parte máis interactiva do museo e que máis sorprende a pequenos e maiores. "La entrada es lo que más les llama la atención a los visitantes, sobre todo, la barca, y poder ver cómo era la laguna antaño gracias a unos paneles muy grandes", conta De Los Ríos. Os nenos do campamento de verán do colexio de Sandiás, así como os cativos do Punto de Atención á Infancia, visitaron recentemente as instalacións dentro das actividades dedicadas a grupos. 

O rexedor de Sandiás, Felipe Traveso, matizou que, aínda que o espazo permaneza pechado o resto do ano, é posible solicitar unha visita para particulares ou grupos contactando co teléfono do Concello. "Nosotros no tenemos capacidad económica para afrontar una apertura indefinida. Llevamos cuatro años peleando por ello y por meter el espacio en la red de museos", asegurou Traveso, quen contempla como unha posible solución a creación dunha rede de museos na Limia.

Te puede interesar