A Limia

O CDR o Viso lanza un proxecto para fomentar a igualdade

Levaranse a cabo campañas de sensibilización e de prevención de en Xinzo, Trasmiras e Vilar de Barrio

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso traballa un proxecto para fomentar a igualdade e a divulgación dunha ideoloxía que respecte a todas as persoas independentemente da súa raza, relixión, orientación sexual ou posición económica. Tal e como explicaron dende a entidade, baséanse na película Aniki-Bobó, dirixida por Manoel de Oliveira, recoñecido cineasta portugués. A historia protagonízana mozos e mozas do Porto e que viven co berro de guerra Aniki-Bobó, lema que esperta neles a ansia por vivir, xogar e amar propia da infancia e aínda sen contaminar. 

A primeira proposta enmarcada dentro do programa será a educación para a igualdade co obxectivo de previr e erradicar a violencia de xénero. Este 25 N realizarán campañas de sensibilización e prevención de calquera forma de violencia contra as mulleres en Xinzo, Vilar de Barrio e Trasmiras. O 24 de novembro, na Praza do Toural de Vilar de Barrio, crearán un mural reivindicativo. O 25 de novembro levarán ao alumnado do colexio Carlos Casares un contacontos.

Te puede interesar