ACTIVIDADES

O CDR O Viso pon en marcha os obradoiros do novo curso

Dende o CDR O Viso informan que a súa oferta formativa e o seu labor de voluntariado están dirixidas prioritariamente "a persoas en risco de exclusión social". 

O Centro de Desennvolvemento Rural O Viso iniciou o curso o pasado día 3, con novos obradoiros e actividades.  Entre a súa nova oferta destaca o obradoiro de memoria "Activa a túa mente", dirixido a xente de avanzada idade e subvencionado pola Obra Social La Caixa e outras institucións.

Así mesmo, o seu curso básico de español vense desenvolvendo no CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia) dende o pasado 20 de setembro. A este engádese o novo Curso de Cociña, que vén de comezar tamén o pasado luns nas instalacións do Centro de Inclusión de Lodoselo. Estes dous últimos cursos son subvencionados pola Consellería de Política Social e cofinanciados parcialmente polo Fondo Social Europeo e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. 

Dende o CDR O Viso informan que a súa oferta formativa e o seu labor de voluntariado están dirixidas prioritariamente "a persoas en risco de exclusión social". 

Te puede interesar