LOITA CONTA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Centro Rural O Viso conmemora o día contra a violencia de xénero

O día 26 organizará un partido de fútbol "a prol da igualdade" no Pavillón de deportes de Xinzo

O Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso organiza, en colaboración con Cruz Vermella Xinzo e o Centro de Información á Muller, o II Partido "A prol da igualdade" que se celebrará o día 26 pola tarde no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia, co obxecto de conmemorar o Día Internacional contra a Violencia cara as Mulleres. Os equipos estarán formados por homes e mulleres e as inscricións para participar poderán formalizarse de xeito individual no Centro de Información Xuvenil (CIX) da Limia. O horario da cita determinarase en función dos partidos de liga locais. 

Así mesmo, o CDR prepara accións e eventos nos centros educativos, tanto de educación primaria coma de secundaria, para concienciar ao estudantado sobre a lacra da violencia de xénero. A maiores, tamén ultima actividades na rúa para toda a comunidade, para as que conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Xinzo.

Te puede interesar