O Centro O Viso programa obradoiros de emprego

As actividades desenvólvense na Casa da Cultura de Xinzo de Limia 

Os pasados martes e mércores, 2 e 3 de febreiro, arrancou na Casa da Cultura, da man do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, o primeiro dos obradoiros de búsqueda activa de emprego co fin, como así aseguran dende a institución, de "coñecernos mellor, adquirir habilidades e motivación para enfrontar novos camiños e poder así aproximarnos á inserción sociolaboral, pondo en valor a importancia do autocoñecemento persoal e profesional, as aptitudes, actitudes e motivacións de cada un e cada unha das persoas participantes; promovendo a súa participación; aprendendo a presentarse correctamente, sendo capaces de establecerse na súa situación actual de busca e xeración de oportunidades de emprego, ou mesmo valorando e defendendo as súas habilidades persoais e profe- sionais, coñecendo “o seu prezo”, as súas características positivas e as mellorables", apuntan.

O seguinte encontro será o primeiro martes e mércores do próximo mes de marzo, días 1 e 2, tamén na Casa da Cultura, para analizar o obxectivo profesional dos participantes, o seu inventario profesional e tamén o mercado laboral e as súas vías de acceso. Dende o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, levan a cabo este Proxecto de Animación Sociolaboral en Grupo denominado “Re-Invéntante”, unha das liñas de abordaxe do programa "Ruralempréga-T".

MÁIS INICIATIVAS

Aínda que esta iniciativa non é o único que están a desenrolar ares- tora dende este organismo. Outro proxecto que está en funcionamento e que está dando resultados notables é o da escola infantil familiar, que están a levar a cabo en nove concellos da comarca de A Limia, á imaxe e semellanza da proposta autonómica entonces coñecida como "Preescolar na casa", e que busca a participación dos pais nas xuntanzas colectivas desta organización.

Te puede interesar