SERVICIOS

O Centro O Viso ultima o programa de atención urxente de novembro

No mes de outubro repartiron alimentos e produtos de hixiene a sesenta persoas da comarca en risco de exlusión social

O Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) "O Viso" de Lodoselo (Carreus) agarda dunha nova axuda económica por parte do Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais para pechar o financiamento do  "Programa de atención urxente" deste mes de novembro.  

O pasado mércores 26 realizaron o reparto no seu "Centro de Inclusión" correspondente ao mes de outubro, tralo traslado dos lotes de alimentos e produtos de hixiene ao almacén da Praza de Abastos que lles cede o Concello de Xinzo de Limia. 

Desta actividade no pasado mes beneficiáronse máis de 60 persoas da comarca en situación de risco ou exclusión social. "Procuramos artellar uns repartos variados que resposten ás necesidades de persoas de distintas idades", afirma  Antonio Corbal, portavoz do Centro. Agora agardan conseguir financiamento e doazóns para n continuar co programa en novembro.

O CDR destaca e agradece a participación dos voluntarios que colaboran e contibúen  no desenvolvemento deste programa.

Te puede interesar