A Limia

O “charangueo" puxo o son ao sábado festeiro

A Limia

A LIMIA

O “charangueo" puxo o son ao sábado festeiro

Hai quen se tomou moi en serio a declaración de Interese Turístico Internacional.
photo_cameraHai quen se tomou moi en serio a declaración de Interese Turístico Internacional.

A falta de inscricións obligou á comisión a suspender o Festival da canción humorística, aínda que a música non deixou de soar en todo o día

Cubalibre, La Nota, "XL" e "NBA" foron as raíñas durante a mañá, a tarde e a noite na vila limiá. Os músicos marcaron o ritmo polas rúas do casco vello -San Roque, a praza Maior, e o Barrio de Abaixo-, sen a penas tempo para o descanso.

O concelleiro de Cultura e Festas, Carlos Gómez, destacou onte que o bo tempo estaba acompañando á celebración da festividade coma nunca, ademais de motivar a centenares de persoas a disfrutar do Entroido de Xinzo.

Un dos eventos programados, por contra, o recuperado Festival da Canción Humorística, non tivo tanta aclamación como se agardaba e tivo que ser suspendido por falta de participantes. Non será a así para outra das iniciativas que volverán a desenvolverse este ano: o desfile de comparsas e agrupacións, para o que hai máis de 400 persoas anotadas. Aínda que as previsións son de choiva, Gómez adiantou que non se suspenderá o desfile, polo menos, a día de hoxe. "Vamos a agardar a ver que pasa. Ás veces anuncianse fortes precipitacións e logo non son tal", dixo. Festicultores puxo o punto e a parte durante a madrugada a unhas celebracións que continuarán hoxe coa saída de novo ás rúas da Pantalla.

Más en A Limia