TIEMPO | DESTROZOS

Cien mil euros para paliar daños de los temporales

riadas_xinzo_result
photo_camera Aspecto dunha parcela da Limia tralas choivas que se rexistraron na pasada primavera.

El Concello de Xinzo aborda a limpeza de cunetas e pistas de concentración

 A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural, destinará 100 mil euros ao Concello de Xinzo de Limia para reparar os danos provocados polas fortes choivas na pasada primavera. O intenso temporal provocara multitude de riadas que destrozaron cunetas e pistas da concentración parcelaria en moitas parroquias limiás. 

Malia que a axuda aínda non está adxudicada, o tenente de alcalde do municipio, Manuel López Casas, estima que adxudicación está "a piques" de se concretar. Logo virá unha execución que permitirá

limpar as zonas máis afectadas e repoñer a capa de rodadura en pistas nun total de 20 quilómetros. As obras darán comezo, previsiblemente, nas próximas semanas.
López Casas afirma que se priorizará "a mellora do acceso ás instalacións agrogandeiras do término municipal" así como nas "pistas cuxa concentración parcelaria foi realizada hai máis de corenta anos".

Algúns dos núcleos poboacionais onde se realizarán as principais actuacións son, segundo fontes municipais, Laroá, Moreiras, Faramontaos, Fiestras e Mosteiro.

"Aínda son precisas moitas axudas de 100 mil euros para recuperar toda a rede viaria estragada no concello", comenta o tenente de alcalde. Xinzo foi un dos concellos máis gravemente afectados polas precipitacións dos pasados meses de abril e maio, estragando producións enteiras de cereal e pataca. 

Varios concellos da comarca chegaran a solicitar á Xunta de Galiocia o recoñecemento de zona catastrófica. "Cando se solicitou o recoñecemento de zona catastrófica, facíase pensando en conseguir axudas para os propios agricultores que perderon gran parte da súa produción", di López Casas. "Os danos do temporal van moito máis alá do arranxo dunhas pistas e isto é só un parche necesario", conclúe o número dous do goberno local de Xinzo de Limia.
 

Te puede interesar