política

Ciudadanos aboga polo coidado dos parques en Xinzo

A proposta busca que os cativos se responsabilicen destes lugares mediante o apadriñamento dunha contorna

O grupo municipal Ciudadanos presentou no derradeiro pleno celebrado en Xinzo unha proposta para mellorar o coidado e fomentar o respeto aos parques e espazos verdes da vila. Trátase do proxecto "Apadriña un parque", que procurará involucrar aos colexios e ás ampas do municipio. Precisamente, con esta finalidade, a rexedora de Xinzo, Elvira Lama, deixou a proposta sobre a mesa antes de informar aos mencionados centros e poder mellorala con outras achegas e iniciativas. 

A portavoz de Ciudadanos en Xinzo, Montserrat Lama, propuxo que os cativos se responsabilicen destes lugares mediante a figura do apadriñamento, aprendendo da experiencia que supón ocuparse dunha contorna pública fóra da aula e participando, dende a formación, na conservación, o coidado e o respecto pola mesma. 

Por outra banda, Lama solicitou ao goberno local unha valoración inicial dos parques e xardíns do municipio que se poidan incluír neste proxecto, e unha sondaxe da opinión dos propios escolares sobre o seu estado.

Te puede interesar