La Región

POLÍTICA LOCAL

Ciudadanos pide que se convoque a Comisión de Medio Rural

A formación considera que "é urxente e necesario a actuación de todos os axentes implicados na situación medioambiental da nosa comarca"

Ciudadanos pide que se convoque a Comisión de Medio Rural

Ciudadanos Xinzo, mediante a súa portavoz, Montserrat Lama, vén de solicitar ao grupo de goberno a convocatoria "inmediata" da Comisión Informativa de Medio Rural co obxectivo de abordar a situación medioambiental da comarca. Lama manifestou a súa "repulsa" ao acontecido o pasado 14 de agosto na feira de Xinzo, lugar onde se produciu un tenso enfrontamento entre algúns integrantes da plataforma cidadá "Auga limpa Xa!" e socios de Adegal -Asociación de Gandeiros e Agricultores da Limia-. 

Ciudadanos considera que "é urxente e necesario a actuación de todos os axentes implicados na situación medioambiental da nosa comarca, xa que son moitos anos os que levamos na loita e sentimos que as institucións miran cara o outro lado".

Montserrat Lama amosouse disposta a "escoitar a todas as partes" e pediu a reunión da Mesa da Limia.