Ciudadanos presenta un plan para paliar a crise social en Xinzo

A formación Ciudadanos Xinzo presentou varias medidas e mocións ao longo dos últimos días que tiñan como obxectivo fundamental paliar os efectos da crise do covid-19 na vila limiá. A edil local deste partido, Montserrat Lama, instou ao Goberno local a non esquecer aos colectivos máis vulnerables e afectados pola situación xerada pola pandemia. Neste senso, solicitou a creación dunha batería de medidas de consenso que se axusten ás necesidades particulares dos veciños e veciñas do Concello. "Estar ao carón das familias e persoas máis necesitadas debe ser unha prioridade para o grupo de goberno, que debe concienciarse da necesidade e urxencia destas medidas para que a nosa vilan saia adiante o máis pronto posible", subliñou a voceira da formación laranxa.

Por todo o anterior, Ciudadanos solicitou, por unha banda, levar a cabo unha análise da situación de vulnerabilidade e afectación da crise na vila. Por outro lado, pediu a creación de fondos extraordinarios para a atención de políticas sociais e desenvolvemento de Plans de Emprego adaptados á situación.
Por último reclamou que se realice un seguimento individualizado de todas as persoas en risco de inclusión social, así como a creación de mecanismos de asesoramento e información para toda a poboación da capital limiá.

Te puede interesar