Política

Ciudadanos Xinzo propón un plan de recuperación económica

Propoñen adaptar a fiscalidade á situación ou manter exencións ao pago de impostos

O grupo municipal Ciudadanos Xinzo vén de rexistrar unha moción na Casa Consistorial na que propón un plan de recuperación económica para a vila de cara a mitigar a crisis do covid-19. "Temos que pensar na adopción de medidas que melloren a situación nas familias do noso concello e tamén debemos pensar nos diferentes sectores produtivos. Estas medidas deben incorporarse para que faciliten a reconstrución e recuperación da actividade habitual de Xinzo de Limia o máis axiña posible", manifestou a voceira da formación laranxa na vila, Montserrat Lama. "É imprescindible que dende o noso concello se destine o maior número de recursos posibles á recuperación económica do tecido produtivo municipal a través dun Plan que teña obxectivos e prioridades", engadiu.

A formación limiá propón adaptar a fiscalidade municipal á situación actual; estudar, establecer e manter moratorias e exencións de pago de impostos e taxas municipais, principalmente a familias en situación de vulnerabilidade e a autónomos e comerciantes que vexan afectada a súa actividade; lanza axudas directas para o pago do aluguer de negocios, locais comerciais, pequenas empresas e autónomos afectados e desenvolver unha campaña de promoción e concienciación do consumo local.

Te puede interesar