A LIMIA

Cogami ofrece orientación laboral na comarca limiá

O seu servizo de emprego tamén se desprazará ata o rural de Celanova, Viana e Verín para atender aos usuarios

Un profesional do Servizo de Orientación e Intermediación Laboral de Cogami, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, desprazarase ao rural da Limia para prestar servizo aos seus usuarios. Do mesmo xeito, achegarase ata outros pobos das comarcas de Viana, Verín, e Celanova. 

Carlos Montero é, tal e como explican dende Cogami, un dos orientadores que traballan nas instalacións de Ourense e que percorre 4.200 quilómetros anuais para coñecer, en primeira persoa, as necesidades destas persoas. Estess desprazamentos fanse co obxectivo de que os veciños do rural teñan que desprazarse ata as cidades, dadas as dificultades de comunicación que existen nestes recunchos, con núcleos de poboación dispersa, falta de transporte público e, no caso de habelo, non estando adaptado. Durante dous días á semana o profesional ourensán desprazarase ata estes lugares. 

O servizo está operativo dende o ano 2.000 e, mediante un contacto telefónico previo, o orientador concreta unha cita presencial co usuario ao que axudará a actualizar o seu currículum e aconsellalo laboralmente.

Te puede interesar