entrevista

"Esta comarca ten unha pataca que é dunha calidade espectacular"

as
photo_camera O presidente da asociación, Amador Díaz Penín.

Amador Díaz é o presidente da Asociación de Produtores de Pataca da Limia

A Asociación de Productores de Patata da Limia, con Amador Díaz ao mando, vén de cumplir tres meses de vida e conta cun centenar de socios. Un tempo no que se estableceron os primeiros contactos coas distintas administracións co obxectivo de mellorar cuestións vencelladas aos seguros agrarios, de traballar nunha feira monográfica sobre a pataca, de loitar contra as pragas que poidan asolar ao sector, e de poñer en marcha o plan de regadío na Limia. 

Que valoración fai destes tres primeiros meses de vida da asociación?

Fago unha valoración moi positiva posto que foi un feito histórico que, despois das malas experiencias de cooperativas na comarca da Limia, se fixera unha asociación desta magnitude. O sector está representado na nosa agrupación case ao 100 por 100.

Iniciaron unha serie de xuntanzas con representantes das distintas administracións, que tal foron eses primeiros contactos?

Foi importante a reunión que mantivemos coa directora xeral de Gandería e Industria, Belén Docampo. Nela espuxemos algunhas das dificultades que temos, e falamos de posibles colaboracións que se deben dar entre a Administración e os produtores de pataca. Tamén conseguimos un compromiso por parte do presidente da Deputación, Manuel Baltar, de 90,000 euros para mercar unha máquina para adecuar pistas de concentración parcelaria. 

En que están traballando actualmente?

Grazas a esa xuntanza que tivemos coa directora xeral, fixemos unha charla informativa sobre Agroseguros. Na comarca da Limia o ano pasado caeu un pedrisco espectacular e destrozou centos de hectáreas de trigo e de pataca. Na reunión concluiuse que as pólizas contratadas non están adecuadas ás produccións de aquí, e quedouse en que nos sentaríamos máis adiante para definir as produccións e que se adapten a esta comarca. Por outra banda, están chegando novas pragas que debemos evitar, dun xeito profesional, que non entren na nosa comarca para que siga producindo un tubérculo de excelencia. Tamén faremos unha reunión o día 10 de marzo co Concello de Xinzo e co Consello Regulador, Patata de Galicia, e con asociacións e sectores implicados para intentar facer unha feira gastronómica da pataca ou salón monográfico, no mes de novembro. Queremos que sexa un referente a nivel nacional. 

Que plagas son as que máis preocupan hoxe en día?

O Epitrix está presente en toda Galicia e en Xinzo está en oito zonas en concreto. O que queremos é que cando pasen dous anos estean limpas. Intentaremos conseguir que a Administración nos dé información sobre como combatila, e sobre cales son os mellores métodos de erradicación.

Como se presenta a campaña de plantación de cara a este 2018?

Comezaremos a mercar a patata de semente en breve. En principio temos esperanza de que empece a chover un pouco máis para que suba o nivel. Tamén estamos pendentes do plan novo de regadío, no que están inmersas as comunidades de regantes e que suporía un cambio significativo para as seguintes campañas.

Neste senso, parece que hai unha partida para este ano e nós o que queremos é que se execute.

Cales son as debilidades e as fortalezas que ten o sector na Limia?

Como punto débil diría que as liñas de axuda que saca a propia consellería deberían adecuarse máis ás necesidades dos produtores. E o feito de non ter un regadío supón unha debilidade moi grande para o sector porque supón un maior custo á hora de producir. Como punto positivo diría que a comarca da Limia profesionalizouse moito no sector da patata, os agricultores son grandes empresarios ao tempo que son profesionais. Teño que destacar que temos unha patata que é dunha calidade espectacular.

Te puede interesar