Os comerciantes de Vilar de Barrio crean unha nova asociación

“Os negocios do concello teñen futuro pero precisan unirse e contar con apoio institucional e cidadá”, aseguraron fontes municipais. 

O Concello de Vilar de Barrio, que conta na súa totalidade con 33 negocios -bares, supermercados, panaderías, talleres ou perruquerías-, instou aos comerciantes deste municipio a conformar unha asociación para a defensa dos seus intereses e para organizar eventos que contribúan a dinamizar a actividade comercial local. “Os negocios do concello teñen futuro pero precisan unirse e contar con apoio institucional e cidadá”, aseguraron fontes municipais. 

Un total de 17  titulares de establecementos responderon á chamada da administración local e constituiron a nova Asociación de Comerciantes de Vilar de Barrio, que estará presidida por Lucía Fernández. 

Tal e como subliñaron dende o Concello, entre as actividades que a recén creada asociación quere poñer en marcha atópase a potenciación da feira mensual de Vilar de Barrio -que ten lugar  os días 9 de cada mes-, a organización de actos durante as fins de semana nos pobos do rural do concello durante o periodo estival, o apoio á festa da pataca, aos magostos e ás festas patronais. 

A asociación pedirá colaboración á Deputación e a Xunta de Galicia, ademais de ao Concello de Vilar de Barrio.

Te puede interesar