ENTROIDO

Comeza a conta atrás para o Entroido de Xinzo 2017

entroido_foto_result
photo_camera Cuatro de los asistentes a la reunión convocada por el gobierno muicipal.

A maioría dos membros da Comisión de 2016 estarán na próxima edición

O Entroido 2017 de Xinzo de Limia xa ten quen o organice. Trala convocatoria pública realizada a pasada semana polo consistorio, e á que acudiron unha vintena de persoas, constituiuse a nova comisión organizadora da festa máis importante do municipio limián.


Dadas as particularidades e duración –un mes– desta celebración, o goberno local tratou de constituír o equipo coa maior premura posible.


Na primeira reunión, organizada da man da Concellería de Cultura, Deportes, Educación, Festexos e Xuventude do concello, os asistentes manifestaron a súa intención de se poñer á fronte da preparación. A maioría dos membros da nova comisión repiten como organizadores pero manteñen a porta a berta a que "calquera persoa  que o desexe se poida incorporar antes deste vindeiro venres".


A celebración da segunda xuntanza de traballo xa está prevista para finais desta semana, onde se prevé fixar e distribuír o traballo que se precisa levar a cabo entre os diferentes membros da comisión. Entre as tarefas máis urxentes destacan o encargo das olas a empregar no domingo Oleiro, así como o establecemento e publicación das bases para o concurso público do cartel do Entroido.


Algúns dos que asistiron á primeira reunión –que estivo presidida polo concelleiro Luís Miguel Gil– formularon a necesidade de traballar para que a Asociación da Pantalla se implique máis no proceso organizativo preparando obradoiros até a chegada da feste sobre como debe comportarse unha pantalla e arredor da maneira correcta de se vestir. A finalidade desta proposta é contribuír á conservación da tradición desta festa ancestral, sen que se perdan algunhas das súas normas e protocolos. 


Os novos membros da equipa de traballo incidiron na súa intención de continuar "loitando para que o Entroido de Xinzo de Limia recupere a esencia máis cultural do evento".

Te puede interesar