Comeza un plan de reparación de viais no rural de Xinzo

undefined
photo_camera Ramón Gómez Salgado e Amador Díaz.
O estado do pavimento representa un problema para viandantes e conductores e, por iste motivo, o Concello vén de adxudicar obras de adecuación por un importe de 37.296 euros

Os núcleos de Pena e Baronzás, no rural de Xinzo de Limia, serán as primeiras actuacións dentro do plan de reparación de viais previsto para o rural limiao neste 2023. Nestes dous puntos, o estado do pavimento representa un problema para viandantes e conductores e, por iste motivo, o Concello vén de adxudicar obras de adecuación por un importe de 37.296 euros.

O titular da area de Urbanismo, Ramón Gómez Salgado, e o responsable de Medio Rural, Amador Díaz, visitaron os núcleos onde se realizarán as obras, “moi demandadas”, segundo aseguraron dende o Consistorio. 

Amador Díaz explicou que un dos obxectivos finais será o de mellorar os accesos aos pobos e cumprir, deste xeito, cunha demanda que vén “de tempo atrás” e que agora será materializada. 

Pola súa banda, o edil responsable de Urbanismo, Ramón Gómez Salgado, explicou pormenorizadamente as distintas fases nas que se acometerán as obras. Concretamente, os operarios realizarán unha limpeza de cunetas naqueles puntos máis conflitivos, seguida dunha reparación de fochancas. Para mellorar neste senso introducirase dobre rego asfalto no interior de ambos núcleos. 

Por último, tamén se mellorarán os accesos. No caso do pobo de Baronzás, a actuación comenzará dende a Nacional 525 e tamén se repararán as deficiencias con triple rego asfáltico.

Te puede interesar