a limia

A Comisión Heráldica aproba o novo escudo e bandeira de Xinzo

ratificación definitiva chega seis meses despois da aprobación inicial, que tivo lugar na capital antelana en marzo

A Comisión Heráldica de Galicia aprobou definitivamente o novo escudo e bandeira do Concello de Xinzo. A ratificación definitiva chega seis meses despois da aprobación inicial, que tivo lugar nun pleno celebrado na capital antelana en marzo. Naquela sesión, os grupos amosaron a súa conformidade co escudo, pero non coa bandeira, que calificaron de "estandarte". Por este motivo pediron que se puidese votar independientemente as dúas opcións, posibilidade que foi rexeitada polo anterior goberno popular, que acabou aprobando en solitario a proposta. 

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, presidiu este luns a reunión da Comisión de Heráldica na que se deu luz verde ao escudo e bandeira limiá pero tamén se examinaron os expedientes en curso dos concellos de Arteixo, O Pino, Vilarmaior, Oia e O Carballiño. 

Segundo explicou Fernández Tapias, os municipios e demais entidades locais de Galicia poderán adoptar escudos heráldicos e bandeiras propios e privativos, modificar os xa existentes ou rehabilitar os que historicamente se empregasen, baseándose sempre en feitos históricos ou xeográficos característicos e peculiares do seu territorio, conforme ás normativas de heráldica.

O historiador local, Miro Martínez Cerredelo, e o deputado autonómico, Carlos Gómez, iniciaron os traballos para esta aprobación definitiva co obxectivo de unificar os escudos e retirar os que non cumprían a normativa. 

Te puede interesar