CULTURA

A compañía Os Quinquilláns achega “Cousas", de Castelao

O Concello de Xinzo de Limia organiza para este xoves día 24 a representación teatral da obra de "Cousas", escrita por Castelao

O Concello de Xinzo de Limia, en colaboración coa Deputación de Ourense e a Editorial Galaxia, organiza para este xoves día 24 a representación teatral da obra de "Cousas", escrita por Castelao.


Esta representación de teatro xuvenil está dirixida principalmente aos alumnos dos IES Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela. Terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura da vila, a partir das 12,00 horas, a cargo da compañía Os Quinquilláns. Na organización do evento tamén participa a Rede Provincial de Auditorios de Ourense, á que pertence a capital da comarca da Limia. 

Te puede interesar