ORZAMENTOS

O Concello de Baltar manterá as axudas á natalidade para o 2018

O alcalde local, José Anotnio Feijóo, manifestou que "a perda de poboación tamén repercute a nivel económico"

O Concello de Baltar vén de aprobar o orzamento consignado para 2018 e que ascenderá a 895.000 euros, unha cifra lixeiramente inferior ao pasado exercicio económico no que o presuposto foi de 922.000 euros. O rexedor local, José Antonio Feijóo, fundamentou esta diminución no feito de que "os Plans Provinciais levaranse directamente dende a Deputación, non os contemplamos no orzamento". Desta cifra, o 50 por cento irá destinado a gastos de persoal: 416.349 euros para retribuir económicamente a uns 20 empleados entre os que se atopan funcionarios, persoal laboral fixo e temporal.

O Concello seguirá apostando por dar axudas á natalidade mediante un "cheque bebé" de 1.000 euros cada ano e durante tres, para os cativos e pais que se empadronen no concello. "A perda de poboación tamén repercute a nivel económico. Os concellos do rural, por moito que loitemos contra este feito, non somos capaces de frenalo e temos que palialo buscando axudas", manifestou o alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo.

Por outra banda, o primeiro edil da localidade quixo matizar que o seu goberno está abordando importantes obras como a reforma da travesía principal da localidade e que tamén destinará parte dos seus esforzos a axudar ás empresas que se queiran instalar no municipio con axudas á constitución.

O rexedor manifestou a súa intención de potenciar o ámbito cultural. "Seguiremos apoiando a festa popular, e o parapente", dixo o alcalde. "Necesitamos máis apoio institucional para crear un tecido industrial, pois somos a porta de España por Portugal", engadiu.

Te puede interesar